Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 661

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Publicado o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, procede fixa-la das distintas consellerías, estructurándoas nas secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría que sexan necesarios para o cumprimento das funcións que a nova estructura comporta e adscribíndolle-los organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

Polo tanto, en virtude do disposto no artigo 4.15º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

a) A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral da Función Pública.

3. Inspección Xeral de Servicios.

4. Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

5. Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias.

6. Dirección Xeral de Relacións Institucionais.

b) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Escola Galega de Administración Pública.

Artigo 2º

a) A Consellería de Economía e Facenda estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral e do Patrimonio.

2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

3. Dirección Xeral de Tributos.

4. Dirección Xeral de Orzamentos.

5. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

6. Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

2. O ente público Instituto Galego de Promoción Económica.

3. O ente público Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable.

Artigo 3º

a) A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Urbanismo.

3. Dirección Xeral de Obras Públicas.

4. Dirección Xeral de Transportes.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. O ente público Portos de Galicia.

Artigo 4º.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Persoal.

3. Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa.

4. Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

5. Dirección Xeral de Universidades.

6. Dirección Xeral de Política Lingüística.

Artigo 5º

a) A Consellería de Innovación, de Industria e Comercio estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

3. Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

4. Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

5. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

2. O ente público Instituto Enerxético de Galicia.

Artigo 6º

a) A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias.

3. Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

4. Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria.

5. Dirección Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O ente público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

2. O organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria.

Artigo 7º

a) A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Promoción Cultural.

3. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

4. Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

5. Dirección Xeral de Turismo.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

2. O ente público Compañía de Radiotelevisón de Galicia.

Artículo 8º

a) A Consellería de Sanidade estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Saúde Pública.

b) O Servicio Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo, estará adscrito

organicamente á Consellería de Sanidade e contará cos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. División de Asistencia Sanitaria.

3. División de Recursos Económicos.

4. División de Recursos Humanos.

5. División de Farmacia e Productos Sanitarios.

Artigo 9º

a) A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Recursos Mariños.

3. Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

4. Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

5. Centro de Control do Medio Mariño.

Artigo 10º

a) A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Xustiza.

3. Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

4. Dirección Xeral de Administración Local.

b) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Academia Galega de Seguridade.

Artigo 11º

a) A Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Familia.

3. Dirección Xeral de Xuventude.

4. Dirección Xeral para o Deporte.

5. Dirección Xeral do Voluntariado.

b) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Artigo 12º

a) A Consellería de Medio Ambiente estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

3. Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

4. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

5. Centro de Desenvolvemento Sostible.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Augas de Galicia.

2. O ente público Obras e Servicios Hidráulicos.

Artigo 13º.-A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

3. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

4. Dirección Xeral da Terceira Idade e Persoas con Discapacidade.

5. Dirección Xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social.

6. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Artigo 14º.-A Consellería de Emigración estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Emigración.

3. Dirección Xeral de Apoio á Inmigración.

Disposicións adicionais

Primeira.-As secretarías xerais previstas neste decreto asumen as funcións e competencias atribuídas ás secretarias xerais técnicas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro.

Segunda.-En tódalas consellerías existirá unha delegación provincial na que se integrarán os órganos e servicios existentes en cada provincia. Na Consellería de Economía e Facenda e na de Pesca e Asuntos Marítimos as delegacións serán territoriais. As delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública representarán a Consellería de Emigración, nos seus respectivos ámbitos territoriais, mentres non sexan creadas expresamente as súas delegacións provinciais.

Terceira.-As referencias contidas na normativa reguladora do ente público Obras e Servicios Hidráulicos, en canto ó conselleiro e á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, deberán entenderse referidas ó conselleiro e á Consellería de Medio Ambiente, respectivamente.

Disposicións transitorias

Primeira.-Mediante ordes dos conselleiros respectivos determinarase a adscrición dos órganos dependentes das secretarías xerais e direccións xerais

suprimidas como consecuencia da estructura orgánica que se fixa nos artigos precedentes ós centros directivos correspondentes mentres non se regule por decreto a nova estructura orgánica no nivel de dirección xeral.

Segunda.-Os órganos dependentes dos centros directivos que non fosen obxecto de supresión manterán a súa estructura e funcións ata que se proceda ó desenvolvemento da estructura contida neste decreto.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Economía e Facenda para que dicte as disposicións necesarias para a xestión dos créditos afectados pola nova estructura administrativa, sen que en ningún caso poida orixinarse incremento de gasto.

Segunda.-A Consellería de Economía e Facenda realizará as modificacións orzamentarias necesarias para dar cumprimento ó disposto no presente decreto.

Terceira.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL