Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Ourense para a contratación dunha asistencia técnica para a realización dun diagnóstico da situación, análise de necesidades e proposta de solucións para a implantación dun portal do Concello de Ourense na Internet.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: Servicio de Patrimonio e Contratación.

c) Número de expediente: 46/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización dun diagnóstico da situación, análise de necesidades e proposta de solucións para a implantación dun portal do Concello de Ourense na Internet.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total (euros): 90.000 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servicio de Patrimonio e Contratación.

b) Domicilio: Concello de Ourense. Praza Maior nº 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 988 38 81 61.

e) Telefax: 988 38 81 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Os establecidos no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais desde a última publicación no DOG ou BOP.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior nº 1, Ourense, 32005, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Ourense.

b) Enderezo: praza Maior nº 1.

c) Data: quinto día hábil desde que finalice o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 13 de xaneiro de 2003.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde