A Comisión Municipal de Goberno con data 24 de setembro de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle presentado por Manuel González Pouso e Mª Dolores Guillán Vilasó, para sinalamento de aliñacións na rúa Venecia desta localidade.
O que se fai público co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ó da inserción do presente anuncio no DOG.
A Pobra do Caramiñal, 28 de novembro de 2002.
Isaac V. Maceiras Rivas
Alcalde-presidente