Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-468).

Por resolución desta alcaldía nº 5974/2002, do 19 de decembro de 2002, acordouse aprobar inicialmente os estatutos da entidade de conservación do plan parcial As Galeras en desenvolvemento de parte do SUNP E, polígono II, en Bastiagueiro-Liáns.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo de vinte días, a través de anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se coiden oportunas.

Oleiros, 26 de decembro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta