Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO de modificación do PXMO.

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día 11 de novembro de 2002, acordou aprobar definitivamente por silencio administrativo a modificación puntual do PXMO sobre o predio A Agriña, en Xubín (Oleiros).

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó que reciba a notificación deste acordo.

Oleiros, 4 de decembro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta