Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO (98060X).

O Pleno do Concello, na sesión do 25-10-2002, aprobou definitivamente o plan parcial correspondente ó SAU-2 (Patos, Panxón).

A eficacia do referido acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado quedan condicionados ó cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, en relación co establecido na lexislación do réxime local.

O que se fai público coa indicación de que o citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, se é o caso. Todo iso sen prexuízo de que poida exercerse calquera outro recurso que se estime procedente.

Nigrán, 22 de novembro de 2002.

Manuel Rial Cadaval

Alcalde