Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO das bases para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso, dunha praza de bibliotecario-arquiveiro, vacante no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego público de 2002.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

A provisión, polo procedemento de concurso, dunha praza de bibliotecario-arquiveiro, incluída na oferta de emprego publico para o ano 2002, e encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo B do artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e demais emolumentos acordados por esta corporación e concretados na correspondente relación orzamentaria.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios da casa do concello, anunciándose un extracto desta no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos inseriranse só no primeiro dos boletíns citados e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Os aspirantes terán que reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non pasar daquela na que falten 10 anos para a xubilación forzosa por idade.

c) Estar en posesión do título de diplomado universitario ou atoparse en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. No suposto de invocar un título equivalente ó esixido haberá de xuntarse un certificado expedido polas autoridades académicas competentes.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións ou tarefas correspondentes á praza vacante.

Para estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas minusválidas cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas agás nos casos en que sexan incompatibles co normal desenvolvemento das tarefas e funcións correspondentes á praza vacante.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

Os requisitos anteriores deberán reunirse con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de instancias.

Terceira.-Solicitudes.

As solicitudes para participar no concurso axustaranse ó modelo que figura no anexo I desta convocatoria, e deberán presentarse no rexistro xeral do concello no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. As instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Xunto coa solicitude os aspirantes achegarán inescusablemente os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada por fedatario público do documento nacional de identidade.

b) Relación de méritos que aleguen e documentos xustificativos correspondentes, en orixinal ou fotocopia autorizada por fedatario público, pois non se tomarán en consideración aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento da presentación da instancia.

c) Programa anual das actividades de animación á lectura que se vai desenvolver na Biblioteca Pública Municipal de Laxe, que se presentará nun sobre lacrado ou precintado.

Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde ou concelleiro en quen delegue aprobará no prazo dun mes a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que se fará pública no BOP e no taboleiro de anuncios da casa do concello, e determinará o lugar, a data e a hora de comenzo de avaliación de méritos, así como a composición do tribunal cualificador.

Os aspirantes excluídos, así como os omitidos na relación de admitidos ou excluídos, disporán dun prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución no BOP, para emenda-los defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión da lista de admitidos e excluídos.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente exluídos do proceso selectivo. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitiva.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal estará composto polos seguintes membros:

Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Vocais: un representante da Comunidade Autónoma; un representante do Centro Superior Bibliográfico de Galicia; un funcionario de habilitación de carácter nacional designado pola Presidencia; un técnico de arquivos-bibliotecas designado pola Presidencia.

A Alcaldía designará así mesmo un suplente para cada un dos membros do tribunal, a composición do cal se fará pública conforme dispón a base anterior.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de alomenos tres dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso, será precisa a asistencia do presidente e do secretario. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso a praza, agás o presidente.

Os membros do tribunal estarán suxeitos ós supostos de abstención e recusación previstos nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, citada, non podendo ser nomeados membros, colaboradores ou asesores do tribunal os que realizasen tarefas de preparación de aspirantes para probas selectivas para acceso á función pública nos cinco últimos anos inmediatos á publicación desta convocatoria.

O tribunal cualificador queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.

Para os efectos de indemnizacións por asistencia ós membros do tribunal, este terá a categoría segunda das establecidas no Real decreto 406/2002, do 24 de maio.

Sexta.-Valoración de méritos.

O concurso consistirá na valoración dos méritos alegados e acreditados polos aspirantes admitidos, segundo o seguinte baremo:

1. Titulación académica:

a) Título de diplomado en biblioteconomía e documentación ou do título de formación profesional de terceiro grao en biblioteconomía e documentación: 1 punto.

b) Título de licenciado en documentación ou licenciado en historia, especialidade en arquivística e biblioteconomía: 2 puntos.

A valoración do título superior -o de máis puntuación- exclúe a do título inferior -o de menor puntuación- sendo polo tanto a puntuación máxima deste parágrafo de 2 puntos.

Acreditarase mediante fotocopia compulsada por fedatario público do título ou do xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición deste. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustificarse a data en que se finalizaron os correspondientes estudios.

2. Experiencia profesional por servicios afectivos prestados en bibliotecas públicas e arquivos da Administración local ou noutra Administración pública:

a) Nunha biblioteca pública:

Por cada ano ou fracción igual ou superior a 6 meses de servicios prestados na Administración local: 1 punto.

Por cada ano ou fracción igual ou superior a 6 meses de servicios prestados noutra Administración pública: 0,25 puntos.

Total máximo deste parágrafo: 3 puntos.

b) Nun arquivo:

Por cada ano ou fracción igual ou superior a 6 meses de servicios prestados na Administración local: 1 punto.

Por cada ano ou fracción igual ou superior a 6 meses de servicios prestados noutra Administración pública: 0,25 puntos.

Total máximo deste parágrafo: 3 puntos.

Non se computarán servicios inferiores a un mes, considerándose, a estes efectos, os meses de trinta días.

A puntuación máxima deste parágrafo é de 6 puntos.

Estes méritos acreditaranse mediante certificación expedida polo funcionario competente do organismo correspondente.

3. Cursos de formación, asistencia a congresos, xornadas e seminarios en materia de bibliotecaria ou de arquivos, e cursos de informática xeral, impartidos por organismos e institucións competentes:

-Superior a 100 horas: 1 punto.

-De máis de 30 horas e inferior a 100 horas: 0,50 puntos.

-Inferior a 30 horas: 0,10 puntos.

A puntuación máxima deste parágrafo é de 6 puntos.

4. Coñecemento de idioma galego:

a) Curso de iniciación: 0,50 puntos.

b) Curso de perfeccionamento: 1 punto.

No suposto de te-los dous, unicamente se valorará o de maior puntuación, sendo polo tanto a puntuación máxima deste parágrafo de 1 punto.

Acreditaranse mediante diploma ou certificado expedido ou homologado polo organismo competente.

5. Comunicacións en xornadas ou congresos, por publicacións, masters, cursos de posgrao relacionados coa praza que se convoca. Total máximo puntuable:

Por cada un dos méritos citados: 0,25 puntos ata un máximo de 1 punto.

6. Programa anual das actividades de animación á lectura que se vai desenvolver na Biblioteca Pública Municipal de Laxe: ata un máximo de 3 puntos.

Neste parágrafo valoraranse tanto os coñecementos dos aspirantes como as súas aptitudes, así como a orixinalidade das propostas presentadas orientadas á mellora do funcionamento do servicio.

O tribunal non poderá avalia-lo non alegado e acreditado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presenta-las solicitudes ás probas selectivas.

O tribunal ten a facultade para resolve-las dúbidas que xurdan na aplicación dos criterios de valoración fixados e para adopta-los acordos que correspondan en relación cos supostos non previstos nas presentes bases.

Sétima.-Cualificación.

A puntuación e a orde de cualificación definitiva dos aspirantes virá determinado pola suma dos puntos obtidos na valoración. No caso de empate prevalecerá a puntuación obtida no parágrafo 2 da base 6ª.

O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas, polo que se declarará aprobado o aspirante que obtivera a maior puntuación.

As cualificacións faranse públicas no taboleiro de anuncios do concello no mesmo día en que se acorden.

Oitava.-Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamentos.

Finalizadas as probas, o tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación e elevará a dita relación, xunto coa acta da última sesión, á Presidencia da corporación para que efectúa o correspondente nomeamento.

O aspirante seleccionado deberá presentar no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte

ó da publicación da relación de aprobados, a seguinte documentación:

a) Fotocopia (que deberá presentarse co orixinal para a súa compulsa polo secretario deste concello) do documento nacional de identidade.

b) Copia autentificada ou fotocopia (que deberá de presentarse co seu orixinal para a súa compulsa polo secretario deste concello) da titulación correspondente ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición deste. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustifica-la data en que se finalizaron os correspondentes estudios.

c) Certificado médico de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes.

d) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

e) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme a normativa vixente.

f) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

g) O aspirante que fixera vale-la súa condición de persoa con minusvalidez, deberá acreditar tal condición. Deberá presentar certificado expedido polo órgano competente acreditativo de tal condición e xustificativo da compatibilidade desta co desempeño das tarefas e funcións correspondentes á praza.

O que tivera a condicións de funcionario público estará exento de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo só presentar certificación da Administración pública da que dependa, acreditando tal condición e demais circunstancias que costen no seu expediente persoal.

Se dentro do prazo indicado e, agás os casos de forza maior, o aspirante proposto non presentara a súa documentación ou non reunira os requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puidera incorrer por falsidade.

Aprobada pola Presidencia da corporación por proposta de nomeamento, o aspirante nomeado deberá tomar posesión no prazo dun mes contado desde o seguinte ó de notificación do nomeamento.

Novena.-Incidencias.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven desta, e das actua

cións do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que poidan presentarse, e adoptar resolucións, criterios ou medidas necesarias para o bo orde da oposición naqueles aspectos non previstos nas bases.

En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o Real decreto 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

Laxe, 11 de decembro de 2002.

Antonio Carracedo Sacedón

Alcalde