Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 23 de decembro de 2002, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para a contratación para a subministración e instalación de marquesiñas en paradas do transporte público urbano. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación, consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: é a subministración e instalación de marquesiñas, no ano 2003, en diversas paradas do transporte público urbano, en zona rural e zona periurbana.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

Sinálase como prezo máximo do contrato a cantidade de 60.102 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 1.202,04 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: a apertura de plicas realizaraa en acto público a xunta de compras, que se constituirá en mesa de contratación na primeira reunión que teña lugar con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: 846,68 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 8 de xaneiro de 2003.

P.D. (Decreto 60/1999)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área