Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CRECENTE

EDICTO.

Formulado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Crecente, e sometido a coñecemento do Pleno en sesión extraordinaria cele

brada o 21 de novembro de 2002, de acordo co establecido no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 14 de marzo, do solo de Galicia, abrése un período de información pública polo prazo dun mes, que comezará a contar desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que estimen pertinentes.

Crecente, 22 de novembro de 2002.

Julio C. García Luengo Montero

Alcalde