Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de asistencia técnica para traballos de colaboración no control financeiro de sociedades públicas autonómicas e fundacións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: realización de traballos de colaboración no control financeiro de sociedades públicas autonómicas e fundacións públicas da Comunidade Autónoma.

c) Diario Oficial de Galicia e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 190, do 2 de outubro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 108.182,17 A, IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 14 de novembro de 2002.

b) Contratistas e importe de adxudicación:

LoteAdxudicatarioImporte

adxudicación

1Ernst&Young29.512,89 A

2AT Consultores&Auditores, S.L.7.160,00 A

3Deloitte&Touche, S.L.11.070,46 A

4Spaudit Gabinete de Auditoría, S.A.8.308,67 A

5Spaudit Gabinete de Auditoría, S.A.13.848,81 A

6KPMG14.616,00 A

7AT Consultores&Auditores, S.L.14.241,00 A

98.757,83 A

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2002.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da

Consellería de Economía e Facenda