Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/459-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: M. de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Xan de Cuña-Oleiros-Regueiras.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 274 de m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o apoio n. 2 da L.M.T. xral. Oleiros-Salvaterra ata o C.T. que se proxecta en Xan de Cuña, en Oleiros-Regueiras, no concello de Salvaterra de Miño, de 160 kVA, R.T. 20 kV-230/400 V. R.B.T., aérea, de 406 m de lonxitude, con conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 19 de novembro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra