Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 353/2002, interposto por Sonia Lorenzo Santos.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado 353/2002, formulada por Sonia Lorenzo Santos, contra a resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de setembro de 2002, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Orde do 19 de xuño de 2002, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia (DOG nº 119, do 21 de xuño), modificada pola Orde do 24 de xuño de 2002 (DOG nº 121, do 25 de xuño), corrección de erros DOG nº 125, do 1 de xullo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública