Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 202/2002, interposto por Carlos Barros Regueira.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado nº 202/2002, formulada por Carlos Barros Regueira, contra a resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 14 de xuño de 2002, pola que se desestima a reclamación formulada contra a Orde do 21 de decembro de 2001, pola que se convoca concurso previsto no artigo 3 do Regulamento para o desenvolvemento e aplicación do previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia (DOG nº 9, do 14-1-2002), corrección de erros (DOG nº 19 e 49, do 25-1 e do 8-3 de 2002).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública