Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

EDICTO.

De conformidade co acordado pola Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día oito de outubro de dous mil dous, convócase a seguinte licitación, mediante procedemento aberto e o sistema de concurso, das obras correspondentes ó proxecto de afirmado e pavimentación de camiños en Sarria.

1. Obxecto do contrato: as obras comprendidas no proxecto de afirmado e pavimentación de camiños en Sarria.

Tipo de licitación: 186.844,74 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: nove (9) meses.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

3. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de licitación.

4. Requisitos específicos do contratista: grupo G), subgrupo 6, categoría c).

5. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Sarria.

Domicilio: rúa Maior, 14.

Localidade e código postal: 27600 Sarria.

Teléfono: 982 53 50 00.

Fax: 982 53 09 16.

6. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación de proposicións: vinteseis (26) días naturais, contados a partir do día seguinte á derradeira publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Sarria, rúa Maior, 14, 27600 Sarria.

8. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó da celebración do acto de cualificación da documentación que se celebrará á súa vez o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás trece trinta horas, na Casa do Concello, rúa Maior, 14.

9. Gastos de anuncios: correrán a cargo do contratista adxudicatario.

Sarria, 9 de decembro de 2002.

Claudio Melquíades Garrido Martínez

Alcalde