Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIANA DO BOLO

ANUNCIO.

Terminada a fase de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Viana do Bolo, este concello, na súa sesión do 18 de decembro de 2002 e, co quórum establecido no artigo 47.3º i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, procedeu á súa aprobación inicial acordando a apertura do trámite de información pública, durante o prazo de dous meses no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Región e La Voz de Galicia.

Durante o devandito prazo, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, os interesados poderán examinar e formular alegacións en relación coas previsións que contén o citado instrumento de planeamento para o que este permanecerá exposto nas dependencias municipais en horario normal de oficina.

A través deste mesmo acordo, o pleno municipal, ó abeiro do disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, determinou a suspensión, pola duración dun ano, sen prexuízo da súa extinción coa correspondente aprobación definitiva, do procedemento de outorgamento de licencia naquelas zonas do territorio municipal obxecto do presente planeamento cando as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. Para estas efectos, as áreas afectadas pola citada suspensión son as de todo o termo municipal.

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento do artigo 42.1º da invocada Lei do solo de Galicia.

Viana do Bolo, 9 de xaneiro de 2003.

Sergio González Bruña

Alcalde