Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

EDICTO.

De conformidade co acordado pola Comisión de Goberno, en sesión do día cinco de novembro de dous mil dous, convócase a seguinte licitación, mediante procedemento aberto e o sistema de concurso, da subministración de materiais destinado á conservación de vías municipais:

1. Entidade adxudicataria.

Organismo: Concello de Sarria.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato, división por lotes e número e importe máximo unitario de licitación de cada un.

Descrición: as subministracións de materiais e execución de traballos destinados á conservación de vías municipais.

División por lotes, número e importe máximo unitario de cada un: catorce (14) lotes:

Lote 1: traballos de camión escolmador de grava.

Prezo máximo unitario: 35 A/hora.

Lote 2: traballos con pa para escavación e carga.

Prezo máximo unitario: 35 A/hora.

Lote 3: traballos de rodete Bomag.

Prezo máximo unitario: 112 A/hora.

Lote 4: traballos de camión cisterna.

Prezo máximo unitario: 25 A/hora.

Lote 5: traballos de rozadora.

Prezo máximo unitario: 25 A/hora.

Lote 6: traballos varredora mecánica.

Prezo máximo unitario: 15 A/hora.

Lote 7: traballos agulla.

Prezo máximo unitario: 2 A/hora.

Lote 8: traballos motoniveladora.

Prezo máximo unitario: 33 A/hora.

Lote 9: emulsión tipo ECR-2.

Prezo máximo unitario: 211 A/Tm.

Lote 10: áridos tamaño 4-7.

Prezo máximo unitario: 13 A/Tm.

Lote 11: áridos tamaño 18-40.

Prezo máximo unitario: 11 A/Tm.

Lote 12: áridos tamaño 6-12.

Prezo máximo unitario: 12 A/Tm.

Lote 13: áridos tamaño 5-8.

Prezo máximo unitario: 13 A/Tm.

Lote 14: area silicea lavada tamaño 3-5.

Prezo máximo unitario: 16 A/Tm.

As cantidades para subministrar estarán supeditadas ás necesidades reais do concello, podéndose reducir ou amplia-la cantidade ata o límite máximo previsto no prego de prescricións técnicas pero non modificándose en ningún caso o prezo unitario dos traballos e materiais subministrados.

Duración do contrato: nove (9) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación especificado para cada lote.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Sarria.

Domicilio: rúa Maior, 14.

Localidade e código postal: 27600 Sarria.

Teléfono: 982 53 50 00.

Fax: 982 53 09 16.

6. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación de proposicións: quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte á derradeira publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria, rúa Maior, 14, 27600 Sarria.

8. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó da celebración do acto de cualificación da documentación que se celebrará á súa vez o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás trece trinta horas, na Casa do Concello, rúa Maior, 14.

9. Gastos de anuncios: correrán a cargo do contratista adxudicatario.

Sarria, 9 de decembro de 2002.

Claudio Melquiades Garrido Martínez

Alcalde