Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por decreto da alcaldía, de data 5 de decembro de 2002, o estudio de detalle para ordenación dun soar en solo urbano, p.k. 514,

marxe dereita, da estrada N-VI de Madrid á Coruña, promovido por Ruva Lugo, S.L., sométese o expediente, en cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio, durante o cal se poderá examinar na secretaría municipal, en horario de oficina, e formularse as alegacións e observacións que se consideren procedentes en escrito dirixido á alcaldía.

Outeiro de Rei, 5 de decembro de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde