Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG 467).

Por resolución desta alcaldía nº 5.913/2002, do 18 de decembro de 2002, acordouse aprobar inicialmente a delimitación da unidade reparcelación na Rúa Fonte Álvaro, s/n e Praza da Rabadeira nº 7, en Oleiros, tramitado por Habitare Coruña, S.L.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais, polo prazo de vinte días, a través de anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que coiden oportunas.

Oleiros, 26 de decembro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta