Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG 461).

Por resolución desta alcaldía nº 5.910/2002, do 18 de decembro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o documento de ocupación directa das seguintes parcelas, por non terse incorporado os titulares delas ou de dereitos sobre elas, á xunta de compensación do ámbito do PERI-7 As Cancelas, en Perillo.

-Parcela inicial nº 27 e proindiviso de parcela aportada nº 28.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se coiden oportunas.

Oleiros, 26 de decembro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta