Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

O Concello Pleno con data do 2 de decembro de 2002, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior do Casco Histórico de Ribadavia, consistente na modificación da composición da comisión de seguimento (artigo 16.1º.3 da ordenanza).

O que se fai público de acordo co establecido no artigo 48 da Lei 1/1999, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta publicación. Poderá utilizar, non obstante, calquera outro recurso que considere pertinente.

Ribadavia, 4 de decembro de 2002.

José Pérez Iglesias

Alcalde