Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia técnica para a impartición do curso superior de xestión e disciplina urbanística da Escola Galega de Administración Pública.

Segundo o establecido no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, faise público que por resolución desta dirección, de data 19 de decembro de 2002, adxudicouse, por concurso aberto, á Revista de Derecho Urbanístico y Medio Ambiente, S.L., o contrato de consultoría e asistencia técnica para a impartición do curso superior de xestión e disciplina urbanística da EGAP.

O prezo de adxudicación fixouse en 68.400 euros, impostos incluídos, cun prazo de execución de dez meses a partir da data de comezo da citada actividade.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública