Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación do servicio de transporte e distribución de carros de comidas neste complexo hospitalario (C.P. 33/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo sexto,

letra j) da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais. Unidade de Contratación.

c) Número do expediente: C.P. 33/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de transporte e distribución de carros de comidas no Complexo Hospitalario de Ourense.

b) División por lotes: non, a licitación será á totalidade do servicio.

c) Lugar de execución: ver punto 2 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total 133.000 A, IVE incluído.

5. Garantías: provisional 2.660 A; definitiva 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Complexo Hospitalario de Ourense. Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais. Unidade de Contratación.

b) Domicilio: rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta baixa).

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 988 38 56 91.

e) Fax: 988 38 54 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: (para empresas españolas) grupo R ou III; subgrupo 1 ou 9; categoría A; (disposición transitoria única do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, RGCAP).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: (para empresas non españolas) acreditación libre atendendo ós criterios contidos

nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: oito días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (antes das 14 horas). No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o día hábil seguinte.

b) Documentación que se vai presentar: ver pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: Complexo Hospitalario de Ourense. Rexistro xeral, rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta baixa), 32005-Ourense.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a data da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Domicilio: rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta 1ª).

c) Localidade: Ourense.

d) Data: oitavo día contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

f) Acto público.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación: ve-lo punto 16 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lingua (s): castelán ou galego.

11. Gastos dos anuncios: o pagamento do anuncio será por conta do adxudicatario do contrato

12. Para consultar pregos: http://www.sergas.es

Ourense, 31 de decembro de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense