Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social nº 2002/0015-O.

Intentada a notificación no domicilio coñecido por esta Dirección Xeral ó titular da empresa que se indica a continuación e non sendo posible a súa práctica nel, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, que se inicia o prazo de dez días, a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente previo á resolución nesta Dirección Xeral de Relacións Laborais, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 2002/0015-O.

Acta de infracción: 1193/2002/1/T.

Empresa: Vía Crucis, S.L.

NIF/DNI: B-15680473.

Enderezo: rúa do Veado, A Rocha, 31.

Materia: traballo.

Proposta de sanción: 12.020,24 A.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción incoada á empresa Vía Crucis, S.L.-Notificación no BOP de data 16-10-2002.-Edicto no concello de Santiago de Compostela.-Acta de infracción incoada á empresa Armaduras Metálicas Lambda, S.L.-Xustificante de recepción de data 8-8-2002.-Alegacións da empresa Armaduras Metálicas Lambda, S.L.-Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social da Coruña.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais