Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social número 763/2002.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican no anexo, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, pode interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, pro

cederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 26 de decembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente nº: 763/2002.

Acta nº: 894/02.

Titular: Lantone, S.C.

CIF: B-15486046.

Enderezo: peirao Linares Rivas, 56 (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Data da resolución: 10-12-2002.

Resolución: sanción por importe de 1.502,54 A.

Feitos: en relación co accidente de traballo sufrido por un traballador da empresa da referencia, realizouse visita de inspección ó domicilio desta. Remitiuse citación á empresa para achegar documentación, comprobándose que non tiña elaborada a preceptiva avaliación de riscos.

Vulnéranse os artigos 5.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; e artigos 3, 4, 5 e 6 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.1º e 39 e 40 respectivamente do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.