Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002 pola que se aproba a modificación do plan eólico estratéxico presentado pola empresa Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A. denominado P.E.E. Iberdrola.

Examinado o expediente instruído por instancia de Iberdrola Ingeniería y Consultoría S.A. con enderezo para efectos de notificacións en avda. Cruceiro da Coruña, 201A 15705 Santiago de Compostela, sobre aprobación de modificación do P.E.E. Iberdrola; esta consellería ten en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data 1 de agosto de 2000, Wenceslao Barios González, no nome e representación de Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A., solicitou a aprobación da modificación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Iberdrola, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, todo iso en virtude do disposto na disposición transitoria segunda da Orde do 31 de xaneiro de 2002.

Segundo.-A petición de aprobación de modificación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 3 de xullo de 2001, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita resolución foi publicada no BOE do 9 de outubro de 2001, e no DOG do 20 de agosto do mesmo ano.

As características principais da modificación do P.E.E. Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A. que foron sometidas a información pública son:

NomeProvinciaConcellosVértices

áreaXY

1Serra do LaroucoOurenseBaltar,

Cualedro,

Xinzo de Limia

1

2

3

4

5

6

607.600

608.000

609.000

613.500

612.500

612.000

4.641.400

4.641.000

4.640.000

4.645.500

4.646.000

4.646.200

2Sil (antes S. de Meda I)OurenseEsgos,

Nogueira de Ramuín,

Xunqueira de Espadanedo,

Parada de Sil

1

2

3

4

5

6

607.500

608.500

610.000

614.000

613.000

610.000

4.694.000

4.695.000

4.694.000

4.690.000

4.689.000

4.691.000

3Meda (antes S. de Meda II)OurenseMontederramo,

Xunqueira de Espadanedo

1

2

3

4

5

6

7

8

613.000

614.000

615.500

615.500

615.000

615.000

614.000

614.000

4.689.000

4.690.000

4.688.000

4.687.000

4.687.000

4.686.000

4.686.000

4.689.000

4Serra do BurgoOurenseChandrexa de Queixa,

Castro Caldelas

1

2

3

4

630.000

631.000

633.000

632.000

4.686.000

4.686.000

4.688.000

4.688.500

5Cordal de MontoutoLugo

A Coruña

Guitiriz (Lugo)

Aranga (A Coruña)

1

2

3

4

5

6

590.000

583.000

583.000

579.000

579.000

587.000

4.790.000

4.790.000

4.789.000

4.789.000

4.783.000

4.783.000

6Ampliación MedaOurenseParada de Sil,

Nogueira de Ramuín,

Xunqueira de Espadanedo,

Montederramo

1

2

3

4

614.000

611.500

615.500

615.500

4.690.000

4.692.500

4.692.500

4.688.000

7XiabrePontevedraCatoira,

Caldas de Reis,

Vilagarcía de Arousa

1

2

3

4

5

521.000

526.000

527.000

524.000

521.000

4.720.000

4.722.000

4.720.000

4.718.000

4.718.000

8CarrilOurenseCarballeda1679.400

681.000

681.500

683.250

684.000

686.600

686.000

4.693.900

4.695.000

4.694.750

4.694.650

4.693.000

4.692.300

4.689.000

9País de RiósOurenseA Gudiña,

Vilardevós,

Riós,

Castrelo de Val

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

645.000

639.000

634.000

638.500

640.210

640.210

641.210

644.210

638.000

645.000

4.656.000

4.657.000

4.657.000

4.645.500

4.644.230

4.639.000

4.639.000

4.642.000

4.653.000

4.652.000

10AguionchaOurenseOs Blancos,

Baltar,

Calvos de Randín

1

2

3

4

594.100

594.900

600.000

602.000

4.647.900

4.641.800

4.643.000

4.647.500

11Coto de FradesLugoA Pontenova,

A Fonsagrada

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

656.000

656.000

658.000

660.000

660.000

657.000

651.000

651.000

654.750

654.750

4.794.500

4.788.000

4.782.000

4.782.000

4.787.500

4.796.000

4.799.000

4.797.750

4.795.500

4.794.500

Durante o prazo de información pública presentouse a seguinte solicitude en competencia:

-Concello de Nogueira de Ramuín.

Así como as seguintes alegacións:

1) Pizarras Choudeiros, S.L., que alega superposición con áreas de investigación mineira.

2) Hermanos Vega Rodríguez, S.L., que alega superposición con áreas de investigación mineira.

3) Norvento, que alega superposición de áreas.

4) Pizarras Cortello, S.A., que alega superposición con áreas de investigación mineira.

5) Pizarras Forcadas, S.A., que alega superposición con áreas de investigación mineira.

6) Pizarras las Arcas, S.L., que alega superposición con áreas de investigación mineira.

7) Cubiertas de Pizarra Reunidas y Agrupadas de Explotación, S.A., que alega superposición con áreas de investigación mineira.

8) Emérito Vega y Hermanos Siro y Alberto, que alega superposición con áreas de investigación mineira.

9) Easa, que alega superposición de áreas.

Terceiro.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Viabilidade do plan tecnolóxico industrial e previsións de desenvolvemento.

-Investimentos previstas e tempo de execución del.

-Capacidade técnica e financeira do promotor.

-Achegas e efectos industriais, socioeconómicos, tecnolóxicos e ambientais do plan.

-Desenvolvementos vinculados a terreos e concellos afectados.

Fundamentos de dereito.

Primero.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo cal se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, así como o disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Debido á renuncia das áreas de Videferre e Serra do Leboreiro, feita na súa solicitude con data do 1 de agosto de 2000, contidas no plan aprobado por Resolución do 23 de setembro de 1996, é polo que se modifica o plan existente e concédense

novas áreas de investigación, sin que iso supoña incremento de potencia do plan eólico solicitado.

Terceiro.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do plan eólico estratéxico, os criterios seguidos de forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito terceiro, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista de infraestructuras en canto á Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica, o que supon que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación formulados.

Cuarto.-Con respecto ás alegacións referidas as posibles superposicións das áreas publicadas con outras pertencentes a plans eólicos xa aprobados, cómpre sinalar que en nigún modo se vulnerarán na aprobación de calquera novo plan os dereitos adquiridos polos titulares dun plan anterior no tempo, polo que en todo caso a área solicitada ou non se lle concedería ou se adecuaría nas súas coordenadas para que ese superposición desaparecese.

Quinto.-Na referida ó superposición con zonas susceptibles de seren explotadas por medio de explotacións mineiras débese sinalar que dita probabilidade non ten porque necesariamente facer incompatibles os dous tipos de proxectos, circunstancia que, en todo caso, se resolvería no momento en que existise esa colisión, xa que non pode ser decidido de forma apriorística.

Sexto.-No referido ás alegacións realizadas discutindo a ausencia de requisitos mínimos na publicación do plan débese indicar que a publicación reúne os requisitos esixidos no artigo 5 do Decreto 205/1995 de aplicación a este procedemento, resultando por outro lado chocante que ditas alegacións veñan expostas pola Asociación Eólica de Galicia e polas empresas con plan eólico en vigor, cando para a aprobación dos plans das empresas adscritas a esa asociación e dos das empresas alegantes se seguiu o mesmo procedemento e cos mesmos condicionantes que agora intentan refutar

Sétimo.-Non existe por outro lado incoherencia ningunha coa planificación enerxética. A Xunta de Galicia ten como horizonte acada-los 4.000 MW eólicos no ano 2010; para chegar a esta meta considérase que o instrumento principal, como vén sendo ata agora, son os plans eólicos empresariais (denominados estratéxicos na anterior nomenclatura do Decreto 205/1995), e é a través deles e dunha planificación periódica anual, respectando sempre os compromisos adquiridos, como se intenta chegar ós fitos antes expostos.

Oitavo.-Á vista dos plans presentados en competencia, do informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de pla

nificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas ou debido á súa inviabilidade. Por outro lado, a determinación espacial das áreas aprobadas, debe ter en conta o disposto na modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, en tramitación nestes momentos, polo que se deben adapta-las coordenadas das distintas áreas ó reflectido nel, tamén se toma en consideración para a autorización do plan a incidencia que ten o plan industrial da devandita empresa, na estructura socioeconómica da Comunidade autonómica de Galicia, sendo esta circunstancia un dos motivos prioritarios para a autorización recollidos no artigo 7 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Do exposto extráese como consecuencia, que a modificación do plan solicitada non pode ser concedida na extensión requirida pola peticionaria, e en consecuencia, que se lle debe conceder á empresa Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A. autorización para realiza-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Desta forma, a modificación do plan eólico estratéxico amplíase en 2 áreas.

Noveno.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Aproba-la modificación do plan eólico estratéxico P.E.E. Iberdrola referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución.

A presente resolución comporta o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas devanditas áreas, a autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo. Nembargantes, o desenvolvemento dos parques eólicos derivados destas áreas compatibilizarase coa posible inclusión de parques eólicos singulares neles.

A aprobación da modificación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e a Iberdrola Ingeniería y Consultoría S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do devandito Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación da modificación do plan eólico estratéxico outórgase consonte as seguintes condicións:

Primeira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Nembargantes, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou dalgunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que

se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos estimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Segunda.-Iberdrola Ingeniería y Consultoría S.A. deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

Iberdrola Ingeniería y Consultoría S.A., así mesmo, deberá remiti-los datos que se esixan na Orde do 29 de xullo de 2002 pola que se crea e regula o procedemento para a captación e procesamento dos datos de producción de Galicia (SICAPDE), das instalacións acollidas ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica nos parámetros e forma en que veña determinado.

Terceira.-A empresa Iberdrola Ingeniería y Consultoría S.A., participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Cuarta.-A empresa Iberdrola Ingeniería y Consultoría S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Gali

cia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contenciosa-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250, do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas do P.E. estratéxico

NomeProvinciaConcellosVértices

áreaXY

1Ampliación de MedaOurenseXunqueira de Espadanedo, Parada de Sil, Nogueira de Ramuín,

Montederramo

1

2

3

4

0.614.000

0.611.500

0.615.500

0.615.500

4.690.000

4.692.500

4.692.500

4.688.000

2País de RiósOurenseCastrelo do Val,

A Gudiña,

Riós

Vilardevós

1

2

3

4

5

6

7

0.634.000

0.639.000

0.645.000

0.645.750

0.638.000

0.640.500

0.635.195

4.657.000

4.657.000

4.656.000

4.652.000

4.653.000

4.648.572

4.648.572

3CarrilOurense

Carballeda1

2

3

4

5

6

7

0.679.400

0.681.000

0.681.500

0.683.250

0.684.000

0.686.600

0.686.000

4.693.900

4.695.000

4.694.750

4.694.650

4.693.000

4.692.300

4.689.000