Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/490-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. San Paio de Navia, denominado n. 13.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 15 kV, de 33 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, desde o apoio n. 2 da L.M.T. BAL 7.14 ata o paso aéreo-subterráneo, continuando en tramo subterráneo 800 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. e rematando no C.T. que se proxecta nomeado n. 13 en San Paio de Navia, no concello de Vigo, de 630 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de decembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra