Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/492-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, O Troncal, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de distribución Espigón IV-peirao Beiramar.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 10 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o C.T. JOB Beiramar ata o centro de distribución que se proxecta Espigón IV, no peirao de Beiramar, no concello de Vigo. Centro de distribución con tres celas de liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de decembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra