Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 572

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 361/2002, do 19 de decembro, polo que se acepta a doazón de obras de arte feitas a favor da Comunidade Autónoma de Galicia do autor Antonio Failde.

Con data 11 de xuño de 2002 a Consellería de Economía e Facenda recibe documentación remitida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de doazón feita por Miguel Ángel Failde Bermejo de obras de arte de Antonio Failde para a Escola de Artes de Ourense.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o expediente de aceptación, logo do informe favorable da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 17 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, nos termos establecidos polo doador e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de decembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Acepta-la doazón feita por Miguel Ángel Failde Bermejo de obras de arte de Antonio Failde que a continuación se relacionan:

a) Adán y Eva, granito, 180x180x20 cm.

b) 6 debuxos do mesmo autor:

-Pareja.

-Maternidad (carbón).

-Juegos (carbón).

-Mujer (sanguina).

-Bajo el sol (conté e carbón).

-Escultor (tinta chinesa/gouache).

2. A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, dezanove de decembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda