Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 8 de novembro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de novembro de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Advertidos erros na resolución publicada no DOG nº 225, do xoves 21 de novembro de 2002, cómpre

face-las oportunas correccións:

-Na páxina 16.239, no epígrafe Modificacións, no 2º punto, onde di: «No DOG nº 104, do 30-8-2001, na páxina 7.200...», debe dicir: «No DOG nº 104, do 30-5-2001, na páxina 7.200...».

-Na páxina 16.240:

Na relación de postos do centro de destino «COMPLEXO XUVENIL AS MARIÑAS (BERGONDO)», no posto «FA.C99.40.101.15080.003.-XEFE DE ADMINISTRCIÓN», na columna Observacións hai que engadir «(9)».

No centro de destino «OFICINA DE EMPREGO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ», o posto «FA.C99.20.901.15690.001.-DIRECTOR O.E.», na columna Vacante, onde di: «SI», debe dicir: «NON».

Antes do punto, onde di: «No DOG nº 184, do 22-9-1998, na páxina 10.538...» engádese outro punto co seguinte texto: no DOG nº 184, do 22-9-1998, na páxina 10.538, o centro de destino «OFICINA DE EMPREGO DE AVENIDA DE VIGO (FERROL)» cambia de denominación, pasando a ser «OFICINA DE EMPREGO DE FERROL-CENTRO».

-Na páxina 16.241, no epígrafe Creacións:

No centro de destino «OFICINA DE EMPREGO DE FERROL-ESTEIRO», o posto «FA.C99.20.902.15350.005.-POSTO BASE GRUPO B», na columna vacante, onde di: «SI», debe dicir: «NON».

No centro de destino «OFICINA DE EMPREGO DE OURENSE-CENTRO», o posto «FA.C99.20.901.32001.024.-POSTO BASE GRUPO D», na columna Observacións, onde di: «(3)», debe dicir: «(2)».

-Na páxina 16.243, no epígrafe Observacións, engádese «(9) ocupado laboral fixo a extinguir».