Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 566

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 4/2003, do 16 de xaneiro, polo que se acorda encargar do despacho dos asuntos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Con motivo do cesamento do titular da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda é necesario prove-la súa substitución ata o nomeamento dun novo titular.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Con motivo do cesamento do seu titular encárgase o despacho dos asuntos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública desde o día de hoxe ata o nomeamento dun novo titular.

Santiago de Compostela, dezaseis de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA