Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 566

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 3/2003, do 8 de xaneiro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno dese, (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño

de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia en representación de Unións Agrarias, a Juan José Quintáns Paredes.

Santiago de Compostela, oito de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente