Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2003 Páx. 553

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (799 e 870/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 799/2002 e 870/2002 acumulado contra Panaderas Comunicaciones, S.L. sobre despedimento, se dictou a seguinte sentencia:

«Sentencia.-A Coruña, 10 de decembro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 799/2002 e 870/2002 acumulado, seguidos por instancia de José M. Barros González, Eva María Rodríguez Botana e Francisca López Montes, maiores de idade, asistidos polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Panaderas Comunicaciones, S.L., que non compareceu nos autos, e intervindo o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, e a reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo acolle-la demanda interposta polos demandantes, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Panaderas Comunicaciones, S.L. e extinguida a relación laboral na data desta resolución, e condeno a empresa a que lles aboe ós demandantes a seguinte cantidade en concepto de indemnización: a José M. Barros González 2.762,45 euros; a Eva María Rodríguez Botana 1.077,33 euros, e a Francisca López Montes, 2.597,63 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia; e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Panaderas Comunicaciones, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 10 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado