Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2003 Páx. 554

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (17/2002).

Camilo García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que neste Xulgado do Social se segue procedemento nº 17/2002 por instancia de Jesús Elías Saa Fernández, contra María Teresa Lorenzo Aguiar e Outra, SC, sobre cantidade, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o vindeiro día 22 de xaneiro de 2003, ás 9,30 horas. Cítase en única convocatoria a empresa María Teresa Lorenzo Aguiar e Outra, SC e o seu representante legal, que tivo o seu enderezo na Algalia de Abaixo, nº 23, de Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro descoñecido para que, xuntando tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza neste xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir ó acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírtese que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, salvo aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da

demanda está á súa disposición na secretaría deste xulgado. Requírese a demandada para que presente libro de matrícula do persoal, recibos de salario do demandante e contrato de traballo do demandante. Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e sirva de notificación, citación e requirimento á empresa María Teresa Lorenzo Aguiar e Outra, SC e ó seu representante legal, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado