Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG 451).

Por resolución desta Alcaldía nº 5759/2002, do 5 de decembro de 2002, acordouse aprobar inicialmente a delimitación do ámbito da U.E. nº 38, no Pto. Sta. Cruz-Liáns, e fixa-lo sistema de compensación como sistema de actuación, tramitada por Antonio López Zapata e outros.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do dito expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncio no DOG, prazo no que se poderán presentar as alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 16 de decembro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta