Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do estudio de detalle para a ordenación de volumes e fixación de aliñacións nun soar situado en Mugardos; rúa Corzás, esquina rúa Apelón.

Aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de decembro de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e fixación de aliñacións nun soar situado en Mugardos, na rúa Corzás, esquina rúa Apelón.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado apartir da publicación deste anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.

Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión ordinaria do día 19 de decembro de 2002, acordou a

suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas ou usos determinados no devandito estudio de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados ós que non se lles puidese practica-la notificación.

Mugardos, 20 de decembro de 2002.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde