Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello do Grove, na súa sesión do 19 de decembro de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da vía travesía de Alexandre Bóveda-Laxiela, tramitado por instancia de José Antonio Rodríguez Castro en representación de Rías Grove Promociones, S.L.

Faise público de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, significando que contra o citado acto cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O Grove, 20 de decembro de 2002.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde