Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RUBIÁ

ANUNCIO.

Terminada a fase de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Rubiá, este concello, na súa sesión do 18 de decembro de 2002, e co quórum establecido no artigo 47.3º i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, procedeu á súa aprobación inicial acordando a apertura do trámite de información pública, durante un mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Región e la Voz de Galicia.

Durante o devandito prazo, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG os interesados poderán examinar e formular alegacións en relación coas previsións que contén o citado instrumento de planeamento para o que este permanecerá exposto nas dependencias municipais en horario normal de oficina.

A través deste mesmo acordo, o Pleno Municipal, ó abeiro do disposto no artigo 34 da Lei 1/1997,

do 24 de marzo, do solo de Galicia, determinou a suspensión, pola duración dun ano, sen prexuízo da súa extinción coa correspondente aprobación definitiva, do procedemento de outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio municipal obxecto deste planeamento cando as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. Para estes efectos, as áreas afectadas pola citada suspensión son as de todo o termo municipal.

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento do artigo 42.1º da invocada Lei do solo de Galicia.

Rubiá, 26 de decembro de 2002.

Antonio Cao Rodríguez

Alcalde