Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento.

O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de decembro de 2002, aprobou definitivamente, por maioría absoluta do número legal de membros da corporación, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento consistente na reclasificación das parcelas nº 12 e nº 01 do polígono 82.307 do catastro de urbana,

e a número 172 do polígono 17 do catastro de rústica, co fin de situar sobre estas unha gardería infantil e unha residencia da terceira idade.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sinalando que contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, de conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben impugnalo directamente perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

Se se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición deberá ser resolto e notificado polo concello no prazo dun mes, segundo establece o artigo 117.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que teña recaído resolución en prazo, entenderase desestimado e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición ou, ben directamente contra o presente acordo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da devandita resolución ou, ó da publicación do presente acordo; se a resolución non fose expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses, e contarase a partir do día seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso potestativo de reposición interposto, segundo establecen os artigos 46.1º e 4º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Advírtese que tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que os interesados estimen pertinentes en defensa dos seus intereses.

Arzúa, 30 de decembro de 2002.

Manuel Moscoso López

Alcalde