Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión do día 18 de decembro de 2002, a modificación puntual do Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Arzúa, promovida pola empresa Construcciones y Transportes Tato Regueiro, S.L., e redactada polo arquitecto Miguel Serrano

Gómez, co obxecto de homoxeneiza-las condicións de tódalas parcelas de uso industrial-comercial en canto ós retranqueos laterais se refire.

Dando cumprimento á previsión contida no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP, período durante o cal poderá ser examinado e deducirse as alegacións pertinentes.

O dito acordo de aprobación inicial -conforme establece o artigo 34.2º da mesma lei- determina por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio obxecto de planeamento, as novas determinacións das cales supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, sendo as áreas afectadas por esa suspensión as seguintes:

Todas aquelas parcelas clasificadas como solo urbano industrial, que incluídas dentro do perímetro de delimitación do parque empresarial de Arzúa, se atopen adscritas ó uso industrial-comercial en tódolos seus graos.

Esta suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva desta modificación das normas subsidiarias.

Arzúa, 30 de decembro de 2002.

Manuel Moscoso López

Alcalde