Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada presentado contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Camanzo (Vila de Cruces, Pontevedra), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle á interesada, que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Esther García Barral contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Camanzo (Vila de Cruces, Pontevedra).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinataria: Esclavitud Cao Pérez.

Domicilio: Frieira-Camanzo, Vila de Cruces, 36587 (Pontevedra).

Texto: «estima-lo recurso de alzada interposto por Esther García Barral, contra o acordo de concen

tración parcelaria da zona de Camanzo (Vila de Cruces-Pontevedra), no sentido de:

I. Varia-la configuración dos predios números 4, 5, 6, 7, 293 e 294, todos eles do polígono 1, quedando:

-Os predios números 4 e 296, de Amalia Arteaga Diéguez (prop. nº 19), cunhas superficies e valores de: 18-20 e 90.100 puntos, e 18-05 áreas e 156.025 puntos, respectivamente.

-Os predios números 5 e 7, de Esther García Barral (prop. nº 171), cunhas superficies e valores de: 16-15 áreas e 93.125 puntos, e 8-65 áreas e 64.800 puntos, respectivamente.

-O predio nº 6, de Jesús Penas Pardo (prop. nº 443), cunha superficie de 31-05 áreas e un valor de 83.300 puntos.

-O predio nº 293, destinado a terra sobrante (prop. nº 900), cunha superficie de 29-00 áreas e un valor de 222.850 puntos (con: 12-60 áreas de PR-3, 7-60 de PR-4, 4-40 de PR-5, 1-00 de PR-6, 1-50 de LS-6, 1-15 de M-4 e 0-75 de M-5).

-O predio nº 294, de Esclavitud Cao Pérez (prop. nº 105), cunha superficie de 4-95 áreas e un valor de 40.425 puntos.

II. Destinar a terra sobrante (prop. nº 900) unha franxa de terreo polo extremo sur do predio nº 282 do polígono 1 (de Jesús Penas Pardo, prop. nº 443), en concreto o designado co subíndice 2 (nº 282-2), cunha superficie de 4-00 áreas e un valor de 26.000 puntos (con: 1-00 áreas de LS-6 e 3-00 de PR-4); quedando a parte restante (nº 282-1) cunha superficie de 22-00 áreas e un valor de 134.425 puntos.

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente resolución, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen perxuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».