Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, mediante a que se notifica o trámite de audiencia referido ó expediente de revogación da resolución pola que se extinguía o recoñecemento como agrupación de defensa sanitaria gandeira da entidade ADS Asociación Gandeiros Budiño.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade ADS Asociación Gandeiros Budiño, co último domicilio coñecido que se sinala no anexo, o trámite de audiencia do expediente de revogación da resolución pola que se extinguía o recoñecemento como agrupación de defensa sanitaria gandeira da referida entidade.

No prazo máximo de dez días, contados desde o seguinte ó desta publicación, poderá alegar e presenta-los documentos e xustificacións que coide pertinentes mediante escrito dirixido ó Servicio Técnico-Xurídico da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, r/ San Caetano, 15771, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2003.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia do expediente de revogación.

Interesado: ADS Asociación Gandeiros Budiño.

Representante: José Miguel Cuevas Budiño.

Último enderezo coñecido: Visantoña-Cruceiro da Coruña, 23, 1º D, Santiago de Compostela, 15705 A Coruña.

Resolución afectada: Resolución do 13 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, pola que se extinguía o recoñecemento como agrupación de defensa sanitaria gandeira do interesado.