Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 445

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (752/2002).

Rafael González Alió, secretaria do Xulgado do Social número un dos de Lugo, da fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 752/2002, seguidos por instancia de Ana Mª Pérez González e outras contra a empresa Confecciones Lismar ADCLA Textil, S.L., Manuel Cea Ferreiro e outro, sobre despedimento, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

Sentencia. Lugo, 29 de novembro de 2002.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal número 752/2002, sobre reclamación de despedimento, no que son partes, como demandantes, Ana Mª Pérez

González, Mª Begoña Gómez Caseiro, Eva Noguerol Ruibal, Mª Jesús Mosteiro González, Silvia Díaz Mourelle, Mª Carmen López Carballo, Esperanza Vázquez Lalín e Lourdes Pulido Vázquez, asistidas polo letrado Xermán Vázquez Díaz e, como parte demandada, a empresa Confecciones Lismar ADCLA Textil, S.L., Manuel Cea Ferreiro e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), os cales non compareceron malia estaren citados en legal forma.

Decido que, estimando a demanda interposta por Ana Mª Pérez González, Mª Begoña Gómez Caseiro, Eva Noguerol Ruibal, Mª Jesús Mosteiro González, Silvia Díaz Mourelle, Mª Carmen López Carballo, Esperanza Vázquez Lalín e Lourdes Pulido Vázquez, sobre despedimento, contra a empresa Confecciones Lismar ADCLA Textil, S.L. e Manuel Cea Ferreiro, debo declarar e declaro a improcedencia deste e, estando probado o peche empresarial desde o 24-9-2002, debo condenar e condeno os ditos demandados a que indemnicen solidariamente entre eles ás demandantes, nas contías respectivas de mil setenta e oito euros con quince céntimos (1.078,15), mil setenta e oito euros con quince céntimos (1.078,15), setecentos sesenta e tres euros con dezaoito céntimos (763,18), mil trescentos cincuenta e seis euros con setenta e sete céntimos (1.356,77), oitocentos trinta e cinco euros con oitenta e sete céntimos (835,87), oitocentos trinta e cinco euros con oitenta e sete céntimos (835,87), setecentos sesenta e tres

euros con dezaoito céntimos (763,18) e oitocentos trinta e cinco euros con oitenta e sete céntimos (835,87).

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria, no caso de ser declarada a insolvencia dos responsables principais.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito dos despedimentos obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-61, nº de autos 752/2002, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade

solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, faci

litando o oportuno recibo, mailo depósito de 150,25 euros prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65, nº de autos 752/2002 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se los demandados condenados solidariamente os que o interpuxeran, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Lismar ADCLA Textil, S.L. e Manuel Cea Ferreiro, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o 29 de novembro de 2002.

Rubricado