Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/314).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: Rúa Rocamador, 2 Melide.

Denominación: L.M.T.S, avda. Lalín-río Furelos-deriv. ó C.T.A. Fulicheiro e CC.TT. avda. Lalín e Ronda de Pontevedra.

Situación: Melide.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 967 m de lonxitude en conductor R.H.Z.I. de 150 mm Al, desde avda. de Lalín a C.T. río Furelos.

L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 327 m de lonxitude en conductor R.H.Z.I. de 150 mm Al desde C.T. Ronda de Pontevedra a C.T.A. Fulicheiro.

Centros de nova construcción de 630 kVA C/U na avda. de Lalín tipo prefabricado e Ronda de Pontevedra de tipo interior. Concello de Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de novembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña