Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

A Alcaldía, por Decreto do 28-11-2002, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación do polígono 01-B dentro da área de reparto nº 29 das que prevé o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín, por instancia de Construcciones Limia, S.L.

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei do solo de Galicia, faise público para os efectos de que os interesados poidan consulta-lo expediente no servicio de urbanismo do concello durante o prazo de vinte días hábiles, que se contarán desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta publicación substituirá a notificación dos interesados que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación, ou ben, logo de intenta-la notificación, non se puidese practicar.

Verín, 3 de decembro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde