Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Narón, en sesión que tivo lugar o día 19 de decembro, aprobou o estudio de detalle promovido por Proyco Xuvia, S.L. e redactado polo arquitecto Xosé Lois Martínez Suárez.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e nun xornal de circulación da provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Unidade de Urbanismo e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determinará automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorga

mento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Narón, 20 de decembro de 2002.

Xoán Gato Díaz

Alcalde