Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 111.1º do RXU de 1978 procédese a publica-lo anuncio seguinte co seguinte texto:

2. Aprobación definitiva do proxecto de reparcelación do Regueiriño Sur-Sue 1.

A Comisión de Goberno por delegación da Alcaldía, en sesión que tivo lugar o día 5 de novembro

de 2002, coas correccións do día 27 do mesmo mes e ano, acordou aprobar definitivamente o proxecto de reparcelación da unidade de actuación O Regueiriño Sur-Sue 1 desta vila; estima-las alegacións de Josefa Amelia Lalín Pichel, Milagros e Mª de los Ángeles Guerra Lalín, Adela Carballude Fernández, María Luisa Abeledo Taboada; estimar e desestimar tamén parcialmente a de Jesús Manuel, Olga, José e Eva María García Viana, José Luis Lamas Areán (dúas alegacións), e desestimar totalmente a de José Luis Lamas Areán; e non admiti-la de José Barcala Areán polos motivos e razóns que constan no propio acordo e que non se transcriben. O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do disposto no artigo 111.1º do RXU.

Contra o referido acordo poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a aquel no que lle foi notificada. Así mesmo, poderá interpoñer con carácter previo e potestativo e no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da recepción deste anuncio, recurso de reposición ante a Comisión de Goberno; neste caso, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel no que se lle notifique a resolución expresa ou se produza a desestimación presunta (prodúcese polo transcurso dun mes desde a presentación do de reposición) do recurso de reposición se é o caso; ata entón non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Lalín, 29 de novembro de 2002.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde-presidente