Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión do 18 de decembro de 2002, aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, abríndose trámite de información pública por prazo dun mes, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia e no diario La Región. O prazo será a contar desde a última publicación nalgún de ámbolos dous medios, para os efectos de alegacións que serán presentadas por escrito ante o concello.

Igualmente faise saber que se suspenden as licencias de parcelacións, edificacións e demolicións naquelas zoas do territorio obxecto do planeamento das que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente ata a aprobación definitiva.

Vilamartín de Valdeorras, 20 de decembro de 2002.

Manuel Candal Candal

Alcalde