Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno do concello, na sesión que tivo lugar o día 16 de decembro de 2002, aprobou definitivamente a delimitación e os estatutos e bases de actuación do polígono do 1º sector do solo urbanizable non programado número 31 (SUNP-31) de San Marcos, promovidos por Oudesa, S.L.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio poderase solicita-la incorporación á xunta de compensación do polígono. A dita incorporación deberá solicitarse mediante escrito que se presentará no rexistro xeral do concello, e deberá achegarse a documentación completa que acredite os seus dereitos sobre as parcelas afectadas pola actuación.

Transcorrido o prazo sinalado, a incorporación só será posible se non entorpece o desenvolvemento do proceso e o aproba a xunta de compensación.

A falta de incorporación autoriza a xunta de compensación para solitica-la expropiación dos seus predios, ou ben a súa ocupación na forma prevista no artigo 134.1º, segundo parágrafo da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde