Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno da Corporación do Concello, en sesión do 28 de novembro de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle das unidades de actuación números 14-15-17-18-19 do PERI-7 da Pontepedriña, presentado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa).

A Comisión de Goberno, en sesión do 2 de decembro de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización das unidades de actuación números 14-15-17-18-19 do PERI-7 da Pontepedriña, presentado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa).

A Comisión de Goberno, en sesión do 16 de decembro de 2002, aprobou definitivamente o expediente do proxecto de reparcelación das unidades de actuación números 14-15-17-18-19 do PERI-7 da Pontepedriña, presentado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa).

Contra estes acordos de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2003.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo