Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1568/2000).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada con data do 21 de novembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente, por instancia de Ramón Madriñán Rodríguez, na representación de Inmobiliaria del Noroeste, S.A. o proxecto de urbanización do polígono 1 do SU-48 do PXOU de Ourense, coas condicións sinaladas polo Servicio de Enxeñería do 2 de abril de 2002, xa aceptadas polo solicitante no escrito do 17 de setembro de 2002, do servicio eléctrico, do 3 de xaneiro de 2001 e do enxeñeiro municipal da Consellería de Medio Ambiente do 28 de xuño de 2002 e da Concellería de Medio Ambiente do 5 de abril de 2001, e logo de constitución da garantía por importe de (829.761,83 euros) oitocentos vintenove mil setecentos sesenta e un con oitenta e tres euros, o equivalente ó orzamento da execución por contrata, para responder da execución do mantemento e conservación da urbanización ata a recepción das obras polo concello.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 3 de decembro de 2002.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde accidental